15 de octubre de 2009

A cultura abre casas, a música une mundos

Foi un enorme pracer escoitar dende o outro lado do océano ésta versión lalinense de "The house of the Rising Sun" dentro da iniciativa "A Cultura Abre Casas" da Tarabela. Enfeitizado polo poderío desta xuntanza de amigos e enormes músicos, e polas lembranzas das tardes de pipas e chucherías da Maragota nos arredores do balcón do video... estiven por uns intres en Lalín, desde éste outono tropical que vivo agora. Espero que o desfrutedes como eu fago.


No hay comentarios: