16 de septiembre de 2008

Algarabía 08: Música, música, música...

E para rematar con esta serie de fotos e vídeos da XXIV Algarabía de Lalín, nesta última entrada vou recoller uns cantos momentos moi musicais da festa, que tamén poderedes atopar en Youtube.

Empezo co I Concerto sobre Marquesina, no que Iván García e Benxamín Otero "Huevo" deleitáronnos co seu arte flamenco infinito, diante dun público entregado a esta nova e "elevada" concepción da música popular. Concerto a repetir... se non tiran o edificio antes.





Na tardiña do sábado, e cando xa o fresco e a noitiña fixeran a súa aparición, Novo e os Carrasqueses axudaron a quecer os nosos espíritus na Taberna da Praza, cos seus sons célticos jam-sessiónicos:



E chegou o domingo, no que a Algarabía veuse bendecida por un solete agradable e morno, ó carón do que se desenvolveron actividades lúdico-musicais de todo tipo... dende as improvisacións populares para chamar ós rapaces á merenda...



... ata outros múltiples concertos. Neste seguinte video temos ó "Cuarteto da Casa" (Azu, Camino, Isabel e Kris) na súa laboura de crear música popular e agradecida partindo da súa sólida formación clásica: Dende o "Nessun Dorma" ata un "Non importa nada" ou versión sui generis de "Nothing Else Matters"... en fin, empapaítos de cultura que saímos.



...E claro, chegou a noite, rematou o domingo, e remata a Algarabía. Ainda que de algúns actos coma as proxeccións de curtos ou as lecturas de poesía non temos material gráfico (non había xa luz ou non conviña usa-la)... deixeivos para o final esta verdadeira xoia: The Palitos Big Band, coa súa formación de gala, transmítenos todo o seu "feeling" e "saber facer"... esta vez cun invitado de excepción: Celsiño, demostrándo non só que é unha estrela consagrada en todo o que se propón, senón que ademáis puxo rúbrica musical ás súas propias palabras: "Para cantar unha canción, non fai falla saber cantala, basta con querer facelo":





E sen máis... Esto é todo... ata o ano que ven. ¡Viva a Algarabía!

No hay comentarios: