Texto anónimo recollido de www.rebelion.org e meneado por O Naranxo:
1- En Oriente Próximo son sempre os árabes quen atacan primeiro, e sempre é Israel quen se defende. Esa defensa chámase “represalia”.
2- Nin árabes, nin palestinos nin libaneses teñen dereito a matar civís. A iso chámaselle “terrorismo”.
3- Israel ten dereito a matar civís. Iso chámase “lexítima defensa”.
4- Cando Israel mata civís en masa, as potencias occidentais piden que o faga con maior comedimiento. Iso chámase “reacción da comunidade internacional”.
5- Nin palestinos nin libaneses teñen dereito a capturar soldados israelís dentro de instalacións militares con sentinelas e postos de combate. A iso hai que chamalo “secuestro de persoas indefensas”.
6- Israel ten dereito a secuestrar a calquera hora e en calquera lugar a cantos palestinos e libaneses antólleselle. A súa cifra actual rolda os 10 mil, 300 dos cales son nenos e mil, mulleres. Non se precisa proba algunha de culpabilidade. Israel ten dereito a manter secuestrados presos indefinidamente, xa sexan autoridades democraticamente elixidas polos palestinos. A iso chámaselle “encarcelamento de terroristas”.
7- Cando se menciona a palabra “Hezbollah”, é obrigatorio engadir na mesma frase “apoiados e financiados por Siria e por Irán”.
8- Cando se menciona “Israel”, está terminantemente prohibido engadir: “apoiados e financiados polos EEUU”. Iso podería dar a impresión de que o conflito é desigual e de que a existencia de Israel non corre perigo.
9- En informacións sobre Israel, hai que evitar sempre que aparezan as seguintes locuciones: “Territorios ocupados”, “Resolucións da ONU”, “Violacións dos Dereitos Humanos” e “Convención de Xenebra”.
10- Os palestinos, o mesmo que os libaneses, son sempre “covardes” que se esconden entre unha poboación civil que “non os quere”. Se dormen en casa coas súas familias, iso ten un nome: “covardía”. Israel ten dereito a aniquilar con bombas e mísiles os barrios onde dormen. A iso chámaselle “acción cirúrxica de alta precisión”.
11- Os israelís falan mellor inglés, francés, castelán ou portugués que os árabes. Por iso merecen ser entrevistados con maior frecuencia e ter máis oportunidades que os árabes para explicar ao gran público as presentes regras de redacción (da 1 á 10). A iso chámaselle “neutralidade xornalística”.
12- Todas as persoas que non están de acordo coas sobredichas Regras, son, e así debe facerse constar, “terroristas antisemitas de alto perigo”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario